Select Page

Re-Evolucion

Documental sobre alternativas pioneiras de residuos, enerxía, mobilidade e  vivenda para mitigar os efectos do cambio climático

A primeira medida máis importante é que como sociedade nos creamos que isto é unha emerxencia climática e que facer o cambio ten consecuencias ou incomodidades, en moitos casos no tocante ao cambio de hábitos.

Precisamos medidas moito máis ambiciosas pero necesitamos como cidadanía enterarnos de que isto tamén vai con nós. Todos podemos participar en investir en renovables, en facer renovables, en trasnformar os nosos costumes de mobilidade, de consumo, de coidado, de eficiencia enerxética dos nosos fogares, de todos os consumos que están emitindo CO2 ou gases de efecto invernadoiro.

Categorías do documental

Residuos

Cando ves un envase, sabes que isto é diñeiro, entón tes un incentivo tamén para fortalecer de maneira comunitaria a recollida destos residuos e garantir, sobre todo, que se lle recollan en boas condicións para despois tamén poder se reutilizados.

Enerxía

A enerxía e a foma de obtela é esencial para loitar contra o cambio climático.

Mobilidade

Debemos avanzar cara un modelo de mobilidade urbana, onde o peón sexa o protagonista, e calquera persoa poida circular en bicicleta sen risco e o transporte público sexa a opción preferente fronte o vehículo privado.

Vivenda

O concepto de cesión de uso, revoluciona a forma de relacionarte e garante o dereito de acceso á vivenda, non o converte nun dereito asistencial senón que o converte nun dereito garantista.

Avance

Mapa de iniciativas

No mapa podes atopar todas as iniciativas que aparecen no documental e moitas máis

 

Persoas entrevistadas

Puxéronse obxectivos de que se ten que acadar a captación do 70% da materia orgánica separada, é dicir, garantir por un lado que eses materiais que non ensucian sexan reciclables e por outro lado que a calidade desa materia orgánica se poida utilizar.

A materia orgánica é un luxo que non nos podemos permitir perder.

Eva García Balaguer

ExDirectora M. Ambiente, Goberno de Navarra

Non nos basta con que haxa transición enerxética, esa que a realicen as grandes compañías electricas ou os gobernos, implica que desaproveitamos unha magnífica oportunidade para dar un paso máis.

Mario Sánchez Herrero

Fundador, Ecooo

Non pode haber un domicilio en Sevilla que estea a máis de 150 metros dun carril de bici.

Paula Garvin

Extenente de alcade, Concello Sevilla

As azoteas son os lugares, normalmente, máis preciados para poñer vivendas que son máis caras e así amortizar os edificios. Pois nós decidimos que unha parte da nosa azotea sexa común porque é como a xoia da coroa onde todo o mundo quere estar.

Nacho García Pedraza

Veciña, Entrepatios